3º Concurso de pesca Infantil

Xullo 8, 2018 on 7:11 | In General

Este pasado sábado dia 7, tivo lugar no pantalán da Agrupación Náutica San Gregorio o “III Concurso de pesca infantil con boia” desenvolto pola Agrupación Náutica de San Gregorio, a Asociación de Pesca Deportiva Rías Baixas e a Asociación de Embarcacións Tradicionais Remadoira.

A xornada foi un éxito de asistencia, nun concurso que cada ano gaña mais adeptos. Este ano case coarenta rapaces e rapazas gozaron dunha fermosa xornada de pesca.

A gran asistencia foi  axudada por un fermoso día, que permitiu  que @s participantes poideran gozar dunha xornada de pesca en contacto coa natureza, reflexionando, observando e interpretando o medio mentras socializan e desenvolven virtudes coma a paciencia e a constancia.

É un concurso de pesca sen morte, onde o impácto na naureza é mínimo xa que as capturas se voltan a auga despois de pesalas, causándolles a minor molestia posibel.

@s nen@s estiveron acompañados dun adulto, o que foi unha magnífica oportunidade de convivencia, encontro e creación de recordos dunha xornada de pesca xuntos.

Ademais de cinco premios e accesit a peza maior en ambaslas duas categorías (benxamíns e infantís)  tódol@s participantes recibiron medallas e un “premio a paciencia” pola súa entrega e constancia na práctica da pesca. Tras participar nun sorteo, despedímosnos ata o vindeiro ano, data que tanto nen@s coma adult@s voltemos a coincidir nun concurso tan entrañabel.