Taiña

Tras varios anos de espera e acordos, adaptamos o noso carocho para navegar con unha vela de relinga. Para iso usamos o pau e a vela da Chanquete (mentres non facemos un de seu). Tivemos que facer unha pica e unha fogonadura novas.

As saidas que fixemos foron abraiantes. Navengado con ventos de máis de 25 nos e con todo o trapo pórtase seguro e moi lixeiro. Polo de agora semella comportarse case como unha dorna, maila que son barcos distintos.

Hai uns anos fixeramos a mesma proba coa Nova Esperanza. Maila ser a gamela unha embarcación de fondo cha, a vela de relinga dáballe unhas cualidades moi boas.

Seguiremos esperimentando o vindeiro ano.