Os vindeiros días 8 ao 11 de setembro, terá lugar en Vigo, no porto pesqueiro do Berbes, a Festa do Marisco VIGOMAR 2011.
Remadoira, igual que no pasado ano, vai colaborar nesta festa cos seus barcos. Está previsto expor barcos en terra, e outros estarán amarrados nun pantalán dentro do peirao do Berbés. Estes barcos farán saídas e os visitantes á festa poderán mirar a súa navegación dende o dique do porto. Tamén están programados obradoiros de nos e debuxo.
Desexamos a tódolos visitantes que gocen desta boísima festa gastronómica.
Remadoira participou no encontro de embarcacións tradicionais da pasada fin de semana, que todolos anos organiza o C.M. A Reiboa, durante as Festas do Mar da fermosa vila de Combarro. A nosa dorna de tope Belida, fixo unha fermosa travesía dende Vigo arribando a Combarro o Sábado pola mañan para voltar o Domingo. Durante a viaxe de volta, 3 cruceiros da Agrupacíon Naútica San Gregorio sairon o encontro da Belida na entrada mesma da Ria de Vigo, facendo, entre todos, unha divertida navegación ata o pantalán.
O pasado sábado dia 30 de xullo, as embarcacións de Remadoira fixeron unha saida ata a praia de Samil en Vigo. A idea era chegar a boia do río Lagares e voltar o peirao de Bouzas. A travesía escomenzou coa saida dos barcos aparellados con vela latina, saindo máis retrasados os de vela de relinga. O vento fresco do sur, pero irregular pois encalmou no medio da ría, o que provocou o retraso das embarcacións que se meteron na calma. Pola contra, os barcos que foron por terra chegaron sen problemas a boia. Éstes empregáronse na ceñida cara a Samil e unha vez virados na boia, poideron navegar paralelos as praias rumbo a Bouzas.
Fermosa travesía que esperamos repetir o vindeiro ano.
Ola meus:
Coma outros anos, algúns compañeiros fixeron unha subida polo río Verdugo. Tres dos nosos barcos, Taiña, Ría de Vigo e Libertad, pasaron as pontes de Arcade e Pontesampaio e navegaron río arriba. Axudados por unha gran marea e sorteando moitas pedras, chegaron ata donde non era posible navegar mais arriba. Unha fermosa viaxe por este verde e vizoso río.