Asociación Cultural Remadoira

Tempada 2024

Este ano, baixamos a mar 8 embarcacións; entre elas a gamela de Cabo de Cruz NOVA ESPERANZA, que volveu a navegar este ano. Agardamos gozar destes barquiños todo o verán.

Saude pra tod@s.

6º Concurso de pesca Infantil

O pasado día 23 de setembro, celebrouse o nas instalacións da Agrupación Naútica San Gregorio, o VI concurso de pesca infantil “sen morte”, desenvolto pola Agrupación Náutica de San Gregorio, a Asociación de Pesca Deportiva Rías Baixas e a Asociación de Embarcacións Tradicionais REMADOIRA. Neste evento participaron nenos e nenas de 7 ata 16 anos de idade.

A xornada foi un éxito de asistencia, cunha mañán solleira e unha temperatura moi agradabel. É un concurso de pesca sen morte, onde o impácto na natureza é mínimo xa que as capturas se voltan a auga despois de pesalas, causándolles a minor molestia posibel.

Os rapac@s estiveron sempre acompañados dun adulto, o que foi unha magnífica oportunidade de convivencia, encontro e creación de recordos dunha xornada de pesca xuntos.

Houbo medallas para tódolos participantes, e premios para os de maior peso total capturado e para a peza máis pesada.

Agardamos ao vindeiro ano para un novo concurso e outro fermoso día.

Cogami 2023

Outro ano máis voltamos a colaborar cos nosos amigos de COGAMI. Fixemos varias saidas neste verán con momentos inesquecibles para os nosos amigos. Coma sempre contamos coa axuda da Agrupación Náutica San Gregorio, que sempre colaboran connosco.

Agardamos que o vindeiro ano gozar tod@s unhas tardes tan fermosas.

Tempada 2023

Este ano, polo de agora, baixamos ao mar 8 embarcacións; entre elas a dorna PUÑETERA, que volveu ao mar despois de estaren moitos anos gardada.

Agardamos gozar destes barquiños todo o verán.

Saude pra tod@s.