Asociación Cultural Remadoira

XIV Xuntanza de Embarcacions Tradicionais de Moaña

Remadoira acudiu este ano ao 14º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Moaña (Pontevedra), que tódolos anos organiza a Asociación Sueste., acontecido os dias 12 e 13 deste mes.

Mais de 30 embarcacións démonos cita neste encontro. Pola nosa parte, Remadoira acudíu ao encontro con 8 embarcacións, todas as que neste ano están navegando da nosa extensa flota.

2º Concurso de Pesca Infantil

Todo un éxito o concurso de pesca infantil deste ano 2017. Case 20 rapaces e rapazas acudiron ao pantalán da Agrupación Náutica San Gregorio, de Vigo, para gozar dunha fermosa mañan de pesca.

Os peixes que se pescaban pasabanse pola pesa para apuntar o seu peso e, de seguido, ceibanbanse na mar. Todolos participantes tiveron un agasallos e os primeiros levaron algún detalliño como premio, segundo o peso dos peixes.

Para o vindeiro ano, mais.

2º Concurso de Pesca Infantil

O vindeiro sábado día 5 de Agosto, vaise celebrar nas instalacións da Agrupación Naútica San Gregorio, o 2º concurso de pesca infantil “sen morte”. Neste evento poderán participar nenos e nenas de ata 14 anos de idade.

Os rapaces que estean animados a participar deberán traer unha cana de pescar. Asemade, é obrigatorio que estean acompañados por un adulto durante todo o concurso. A proba dará comezo as 10:00 para rematar as 13:00 do meiodía. Despois procederáse a entrega de premios e accesits para os participantes.

Este concurso está organizado pola Asociación de Pesca Deportiva Rias Baixas, Agrupación Nautica San Gregorio e Remadoira.

Todolos rapaces que queiran participar deberán chamar o teléfono 671 134 055 (Toñito) ou no e-mail pescariasbaixas@gmail.com. A inscripción é de balde.

Anímadevos e vinde a gozar de una divertida mañá.

Navegando con Cogami 2017

Neste ano, coa compaña da Agrupación Náutica San Gregorio, voltamos a colaborar cos nosos amigos de COGAMI. Estes rapaces con discapacidade veñen connosco a dar un pequeno paseo a vela pola nosa ría e así achegarse e coñecer de preto a navegación en embarcacións tradicionais. Todo un gozo tanto para eles coma para nos.

Nas actividades deste ano programáronse 5 saidas, os dias 14, 21, 28 de Xullo, 4 e 11 de Agosto.