O pasado sábado dia 30 de xullo, realizamos unha travesía dende Vigo ata Bueu para acudir ao XXIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu.
Gozamos dunha fermosa navegación, tanto a ida como a volta.
Neste encontro houbo unha homenaxe a D. Víctor Domínguez Antas, presidente da Asociación Os Galos, falecido no 2020 por mor da pandemía.
No video que publicamos do evento facémoslle unha pequena homenaxe en lembranza deste compañeiro.
O pasado sábado dia 18 de setembro, realizamos a botadura do Bote da popa aberta “Mini” e do Bote de Ribadeo “Folguiño”.
O acto tivo lugar na mariña da Agrupación Náutica San Gregorio, con quen compartimos este evento.
Nesta fermosa cerimonia contamos coa asistencia de Dª Elena Espinosa Mangana, Concelleira de Economía e Seguridade do Concello de Vigo, e do Sr. D. Jesus Vázquez Almuiña, presidente do Porto de Vigo, que nos honraron coa súa presenza.
Ademáis, queremos destacar o grato xesto de Dª Elena Espinosa ao actuar como madriña no bautismo do bote Mini.
Coma outros anos, algúns compañeiros fixeron unha travesía dende Vigo ata o río Verdugo. Tres dos nosos barcos, Taiña, Chanquete e Trebello, pasaron baixo as pontes de Arcade e Pontesampaio e navegaron río arriba. Axudados pola marea, chegaron ata praia fluvial de Comboa, en Soutomaior. Unha lixeira e fermosa viaxe, axudado por un forte vento do sur e por unha pousada e gozosa subida por este verde e vizoso río.
O pasado sábado dia 18. realizóuse a botadura da dorna nai Uxia, tras cinco anos de traballos. O acontecemento fíxose na mariña da Agrupación Náutica San Gregorio, con quen compartimos este evento.
Neste fermosa cerimonia contamos coa asistencia do Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, o Sr. D. Cayetano Rodríguez Escudero, que nos honrou coa súa presenza.
O vindeiro sábado dia 18, vai ter lugar no pantalán da Agrupación Náutica San Gregorio, de Vigo, a botadura da nosa dorna nai UXIA. Despois de cinco anos de traballos a dorna quedou do trinque.
Todos aqueles que teñan interese pola nosa cultura mariñeira están convidados ao evento.