Asociación Cultural Remadoira

1º Concurso Infantil de Pesca

O vindeiro sábado día 12 de outubro, vaise celebrar nas instalacións da Agrupación Naútica San Gregorio, o 1º concurso de pesca infantil “sen morte”. Neste evento poderán participar nenos e nenas de ata 12 anos de idade.

Os rapaces que estean animados a participar deberán traer unha cana de pescar. Asemade, é obrigatorio que estean acompañados por un adulto durante todo o concurso. A proba dará comezo as 9:00 para rematar as 12:00 do meiodía. Despois procederáse a entrega de premios e accesits para os participantes.

Este concurso está organizado pola Asociación de Pesca Deportiva Rias Baixas, Agrupación Nautica San Gregorio e Remadoira.

Tódolos rapaces que queiran participar deberán chamar ao teléfono 671 134 055 (Toñito) ou no e-mail pescariasbaixas@gmail.com. A inscripción é de balde.

Animádevos e vinde a gozar de unha divertida mañá.

1ª Varada en Canido

O vindeiro domingo dia 23 e co gallo das fogueiras de San Xoan, embarcacións de Remadoira participarán na 1ª Varada na Praia de Canido, en colaboración coa Comisión de Festas dos Liñares, que organiza esta festa.

Sobre as 18:30 do serán, as nosas embarcacións desembarcarán nesta praia as sardiñas que vanse degustar na sardiñada que escomenzará as 21:00 da noite. Tentaremos entre todos simular a descarga deste peixe que noutrora  facían os barcos do lugar. Que todos gocemos desta festa.

Navegando con Cogami

O pasado venres día 14, un pequeno grupo de usuarios de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapade) de Mos (Pontevedra) fixo unha saida polo mar en dous dos nosos barcos (Taiña e Trebello). Esta actividade entra dentro de un proxecto de colaboración conxunta na que tamén participan a Agrupación Náutica SAN GREGORIO e a Escola de Vela Tradicional REMADOIRA. Os rapaces gozaron, nunha fermosa tarde, das sensacións que lles aportaba a navegación a vela tradicional, o contato coa natureza,  o mar e o vento da nosa Ría.

Esta actividade vaise repetir con mais usuarios desta confederación o vindeiro venres día 21. Mais adiante, tense previsto saidas con máis usuarios de outros centros de COGAMI do resto da provincia.

Baixada dos barcos 2013

Co gallo da volta o mar dos nosos barcos, o pasado sábado día 8 tivemos a honorable visíta do Sr. Santos Héctor Rodríguez, concelleiro de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado do Concello de VIGO, ao que lle puidemos agradecer a súa colaboración prestada á asociación e ao seu interese pola nosa tarefa cultural. Asemade, pedímoslle transmitira os mesmos agradecementos ao noso alcade o Sr. Abel Caballero.

O noso concelleiro puido asistir á entrada no mar de dúas embarcacións, as dornas Teis e Temperán, que remataron a súa invernaxe de cada ano. Ademáis interesóuse polo resto das nosas embarcacións que xa estaban no seu amarre e visitóu as boas instalacións do pantalán da Agrupación Náutica de SAN GREGORIO, donde está amarrada a nosa flota. Igualmente mostrou gran interese polas nosas actividades no inverno en prol da conservación dos nosos barcos.

Tamén, o concelleiro asistiu o ensaio do embarque ao Taiña de dunha persoa con discapacidade, dentro dun proxecto de saídas pola Ría con membros da entidade COGAMI, proxecto que se vai desenvolver xunto coa Agrupación Náutica SAN GREGORIO e a Escola de Vela Tradicional REMADOIRA. A proba saíu perfecta, facendo unha breve navegación pola darsena de Bouzas e o posterior desembarque.

Festival Náutico de Vigo 2013

Esta pasada fin de semana, tivo lugar nas instalacións de Marina Davila en Vigo, a 1ª edición do Festival Nautico de Vigo,  organizado por varias empresas do sector.

Remadoira estivo presente neste evento, en misión divúlgativa, con duas embarcacións, o carocho e a gamela de Cabo de Cruz. Moitos asistentes que se achegaron o noso stand, entregáronselles dípticos explicativos da actividades desenvoltas en prol da cultura mariñeira galega, asemade de poder gozar da beleza destes dous barcos.