Baixada dos barcos 2013
Co gallo da volta o mar dos nosos barcos, o pasado sábado día 8 tivemos a honorable visíta do Sr. Santos Héctor Rodríguez, concelleiro de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado do Concello de VIGO, ao que lle puidemos agradecer a súa colaboración prestada á asociación e ao seu interese pola nosa tarefa cultural. Asemade, pedímoslle transmitira os mesmos agradecementos ao noso alcade o Sr. Abel Caballero.
O noso concelleiro puido asistir á entrada no mar de dúas embarcacións, as dornas Teis e Temperán, que remataron a súa invernaxe de cada ano. Ademáis interesóuse polo resto das nosas embarcacións que xa estaban no seu amarre e visitóu as boas instalacións do pantalán da Agrupación Náutica de SAN GREGORIO, donde está amarrada a nosa flota. Igualmente mostrou gran interese polas nosas actividades no inverno en prol da conservación dos nosos barcos.
Tamén, o concelleiro asistiu o ensaio do embarque ao Taiña de dunha persoa con discapacidade, dentro dun proxecto de saídas pola Ría con membros da entidade COGAMI, proxecto que se vai desenvolver xunto coa Agrupación Náutica SAN GREGORIO e a Escola de Vela Tradicional REMADOIRA. A proba saíu perfecta, facendo unha breve navegación pola darsena de Bouzas e o posterior desembarque.