Asociación Cultural Remadoira

Navegando na Belida

Ola mariñeiros:

Aquí tedes uns videos que fixemos unha tarde que saimos a navegar na Belida, a nosa dorna de tope. Foi neste verán, nun típico día con solciño pero un vento forte do norte. Navegamos cun rizo na vela e pau o medio. Saimos de Bouzas cara a praia de Limens, nunha ceñida lixeira, moi bonita e coa dorna aguantando moi ben os fortes refachos. Na volta fixemos tamén un fermoso través.

¡Ogallá gocedes cos videos igual que nos na travesía.!

Festa do Marisco 2010

Os vindeiros días 9 ao 12 de setembro, terá lugar en Vigo, no porto pesqueiro do Berbes, a Festa do Marisco VIGOMAR 2010.

Remadoira, igual que no pasado ano, vai colaborar nesta festa cos seus barcos. Neste ano está previsto expor 4 barcos en terra, e os outros estarán amarrados nun pantalán dentro do peirao do Berbés. Estes barcos farán saídas e os visitantes á festa poderán mirar a súa navegación dende o dique do porto.

Desexamos a tódolos visitantes que gocen desta boísima festa gastronómica.

Nova Cuberta

#{< img src="/post/2010-NovaCuberta/081-Imediato-thumb.jpeg" link="/post/2010-NovaCuberta/081-Imediato.jpeg" class=“text-center” >}}

Ola a todos:

No pasado mes de Decembro escomenzamos a traballar de novo no Imediado, o noso dragón. Agora tocáballe darlle unha fermosa cuberta, feita de madeira de Iroko e mais propia dun barco da sua clase.

Polo de agora o traballo esta quedando moi bonito ainda que imos mais a modo do que pensabamos. Este tipo de cubertas son complexas e teñen moitísima labor.

O importante é que para o vindeiro verán o noso dragón gabará de unha nova cuberta.

Calendario 2009

[singlepic id=73 w=180 h=240 float=left]Ola a todos: A nosa asociación remata de publicar un calendario para o vindeiro ano 2009; de grandes dimensions e con moitas fotografias dos nosos barcos. Sentimos moito decirvos que non temos tantos exemplares como desexabamos, polo que non poderemos entregarvos a todos un exemplar. Pero si queredes, podedes descargar o mesmo calendario en formato pdf. É igual que o impreso en papel. Así todo o que queira poderá telo no seu ordenador.