Asociación Cultural Remadoira

No Rio Verdugo

Ola meus:

Coma outros anos, algúns compañeiros fixeron unha subida  polo río Verdugo. Tres dos nosos barcos, Taiña, Ría de Vigo e Libertad, pasaron as pontes de Arcade e Pontesampaio e navegaron río arriba. Axudados por unha gran marea e sorteando moitas pedras, chegaron ata donde non era posible navegar mais arriba. Unha fermosa viaxe por este verde e vizoso río.