Celia
Temos un novo membro na flota de Remadoira. A Celia, unha gamela coruxeira de 4,5 metros. Non está en bo estado, polo que terémoslle que dar uns agarimos, arranxar algúnha taboa, corredores, bancadas…
Vai quedar coma nova.
Temos un novo membro na flota de Remadoira. A Celia, unha gamela coruxeira de 4,5 metros. Non está en bo estado, polo que terémoslle que dar uns agarimos, arranxar algúnha taboa, corredores, bancadas…
Vai quedar coma nova.
O pasado sábado comezamos a traballar na nosa última xoia, o Susiño. Un bote de popa aberta da Ria de Vigo botado o mar no ano 1936.
Este bote ten o valor engadido de que a súa construcción fíxose a partires doutro bote máis vello, polo que o noso Susiño ten unha fasquía de mediados ou finais do século XIX.
O primeiro traballo consistiu en facerlle un berce. Despois de 74 anos, a súa madeira non aguantaba máis e cómprelle ter un soporte para previr que o bote descrávese en canto comecemos a restauralo, co risco de deformarse e perderen a súa fasquía.
O vindeiro sábado día 12 de outubro, vaise celebrar nas instalacións da Agrupación Naútica San Gregorio, o 1º concurso de pesca infantil “sen morte”. Neste evento poderán participar nenos e nenas de ata 12 anos de idade.
Os rapaces que estean animados a participar deberán traer unha cana de pescar. Asemade, é obrigatorio que estean acompañados por un adulto durante todo o concurso. A proba dará comezo as 9:00 para rematar as 12:00 do meiodía. Despois procederáse a entrega de premios e accesits para os participantes.
Este concurso está organizado pola Asociación de Pesca Deportiva Rias Baixas, Agrupación Nautica San Gregorio e Remadoira.
Tódolos rapaces que queiran participar deberán chamar ao teléfono 671 134 055 (Toñito) ou no e-mail pescariasbaixas@gmail.com. A inscripción é de balde.
Animádevos e vinde a gozar de unha divertida mañá.