Asociación Cultural Remadoira

Susiño

O pasado sábado comezamos a traballar na nosa última xoia, o Susiño. Un bote de popa aberta da Ria de Vigo botado o mar no ano 1936.

Este bote ten o valor engadido de que a súa construcción fíxose a partires doutro bote máis vello, polo que  o noso Susiño ten unha fasquía de mediados ou finais do século XIX.

O primeiro traballo consistiu en facerlle un berce. Despois de 74 anos, a súa madeira non aguantaba máis e cómprelle ter un soporte para previr que o bote descrávese en canto comecemos a restauralo, co risco de deformarse e perderen a súa fasquía.