Asociación Cultural Remadoira

MINI

deputacion

Neste ano a Deputación de Pontevedra, concedeunos unha subvención para poder rematar a recuperación do noso bote de popa aberta Mini.

Este é un resumo dos materiais mercados con esta achega:

MADEIRA

deputacion

Utilizada para a substitución de moitas partes da embarcación.

Usouse principalmente madeira de piñeiro, pero tamén outras coma carballo, iroke, teka ou elondo.

ALCATRAN

deputacion

Esta especie de verniz vexetal vense usando no noso pais e en Europa para o tratamento da madeira dende fai moitos séculos.

Fai que as embarcacións poidan estar en boas condicións durante décadas.

VELA

deputacion

Vela de tipoloxía “latina” feita en dacrón de 4 onzas.

MOTOR FORABORDA

deputacion

Motor foraborda de 6 cv, de 4 tempos e gasoliña.

POREXPAN

deputacion

Bloques de corcho branco de porexpan de alta densidade, para evitar o afundimento da embarcación.

TOLDO

deputacion

Funda de tela para cubrir a cuberta do bote. Protexe o barco tanto do auga da choiva, como da calor e o sol.