Asociación Cultural Remadoira

Motonáutica Valdi

Esta empresa de Fisterra colaborou connosco coa cesión de 3 motores foraborda, dous da marca Seagull e un Tomos.

Estes motores están xa fora de uso por mor das suas prestacións, moi baixas para os nosos tempos. Ainda así, este tipo de máquinas teñen unha grande importancia cultural pois, ademáis de non se fabricaren na actualidade,  pertencen aos primeiros motores foraborda que viñeron ao noso país, sendo moi usados polos mariñeiros do pasado século, ata os anos 70.