Asociación Cultural Remadoira

Teis

Dorna de Calime de 4,5 metros de eslora (9 cuartas).

A Teis é unha típica dorna pescadora de 9 cuartas. Fíxose en Aguiño (Santa Uxia de Ribeira), na carpintería de Domingo Ayaso, quedando rematada no mes de Maio do ano 1996. Aparellouse para navegar coa vela tradicional de relinga.

Orixinalmente o pau era de piñeiro oregón, pero rompeu na segunda regata que participaba. Sustituiuse por un novo de piñeiro do pais, co que ainda navega.

Constriuse en calime e coa proa carreirana. Ademais,  ten a cuberta de tilla corrida, con fogonadura  para o pau, deixando o banco do traste oculto baixo a cuberta. Para o acceso ao compartimento de proa ten un escotillón.

Este mesmo verán, ingresa na recen nada ASOCIACION CULTURAL LAJAREU POR BARLOVENTO, de Santa Uxía de Ribeira. Nesta asociación a dorna participou en moitas regatas na Ría de Arousa. Nos dous primeiros anos a dorna carenouse  con alquitrán. Despois pintouse coa apariencia mais típica, os costados en negro, a obra viva en branco e a cuberta en vermello. No interior so leva alquitrán.

No verán do ano 2001, a dorna trasladouse por estrada ata Chapela, na Ria de Vigo, fondeando na Praia Arealonga. No fondeadeiro estivo cuberta cun toldo que protexía a cuberta e os aparellos.

A finais do ano 2007 ingresa na flota da Asociación Cultural REMADORIA. Nada mais entrar escomenzaron os traballos de restauración; arrincouse toda a pintura, repararonse 3 cuadernas, modificouse o taco de popa e o segundo banco do cofiño, reparouse a tapa do escotillón de proa, axustaronse a quilla e a roda e recalafateouse con sicaflex.

Finalmente rociouse con carbullinium e volveuse a carenar con alquitrán e aceite de liño, na obra morta, e imprimación e patente branca na obra viva.

Na primavera do 2009 repárase a proa. Por mor dunha colisión con outra dorna, acontecida anos atras durante unha regata en Ribeira, a dorna fixo unha fenda no pinchón da roda. Ainda que o dano no foi importante, o paso dos anos fixo que esa fenda fixerase mais grande e avanzara cara arriba, corrindo o risgo de romper a peza, polo que optouse por sustituila por unha nova.


Galería