Asociación Cultural Remadoira

Motores

Restauramos tres vellos motores foraborda,  dous modelos de Seagull e un Tomos. Estes motores de 2 tempos, ademáis de seren moi vellos, non traballaban por estaren estropeados. O seu pouco rendemento fai que non sexa rendible a súa reparación ou posta a punto, xa que non poden competir cos motores de 2 tempos máis novos e moito menos cos foraborda de 4 tempos, motivo polo cal os navegantes, profesionais ou de lecer, rexeitan o seu uso.

Por iso, en Remadoira coidamos que era unha magoa que estes motores morreran sen mais, sen deixar máis pegada que vellas fotografias, exposición nalgún museu ou agochados nalgún soto ou alboio.

BRITISH SEAGULL

Estes foraborda ingleses son motores cunha mecánica moi sinxela pero compre dicir que estar feitos con materiais de gran calidade. Isto fai que sexan motores rexos e moi fiabeis. Se por mor dun incidente estes motores quedaran asolagados, cunha limpeza de platinos, nova buxía e un pouco de engrase no pistón, prenden a primeira.

Traballo feito:

Limpeza xeral con gasoil  e aire; desmontar e limpar carburador;arranxar acelerador, cambio de funda e de cable,  limpeza do manubrio do acelerador e engrase; desmontar , limpar e reparar fuga en válvula de paso de gasolina; desmontar plato magnético, cambiar cableado , limpar e axustar platinos, cambiar pipa e cable da buxia, cambiar buxia; limpiar e pulir tódolos parafusos de latón que se desmontaron; pintar deposito de gasolina; pulir sistema de anclaxe a embarcacion, aliviar todos os parafusos e o mecanismo de elevación.


TOMOS

Son motores iugoslavos feitos por unha empresa de ciclomotores. Teñen un deseño moi funcional e a sua mecánica e pouco sofisticada, típica dos paises da Europa do Leste. Tamén compre sinalar que son refrixerados por aire, cousa inusual nos motores mariños pero lóxica se temos en conta que é un motor de ciclomotor.

Traballo feito:

Desmontar todo o motor agás a reductora da hélice.

Desmontar carcasa , instalación eléctrica, magneto, bloque, carburador, manubrio do acelerador, sistema de arranque, timón (moi agarrotado), escape, bomba de gasolina,limpar todas estas pezas con gasolina, pulir todos os parafusos, rascar a pintura de todas as  pezas que estaban pintadas, desmontar pistón e cambiar aros, volver a montar todo pintar a pistola todo o que estaba pintado, engrasar timón, limpar carburador,cambiar pipa e cable , axustar platinos.